Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben: "É algo indescritible. Non teño palabras para expresar o que sinto"

Adrián Ben: "É algo indescritible. Non teño palabras para expresar o que sinto"

O atleta viveirense amosouse emocionado tras ser nomeado fillo predilecto da súa vila natal

G24.gal 29/10/2022 15:02 Última actualización 29/10/2022 15:56

Rodeado dos seus amigos, familiares e veciños, Adrián Ben gozou dun dos días máis especiais da súa vida. E non foi no tartán. No Teatro Pastor Díaz o atleta foi distinguido como fillo predilecto de Viveiro, o primeiro na historia da capital da Mariña. Ben atendeu a Radio Galega neste emotivo acto.

"Non teño palabras. É indescritible o que sinto, ser nomeado fillo predilecto da miña vila, que o é todo. Aínda afacéndome  a xestionalo. Nin nos meus mellores soños, non teño palabras para expresalo. Son emocións fortes. Viveiro é un orgullo, sorte, o mellor sitio do mundo. Sempre que podo volvo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade