Adrián Ben, na semifinal de 800 metros do Europeo e Isabel Toimil, eliminada
Adrián Ben, na semifinal de 800 metros do Europeo e Isabel Toimil, eliminada
Foi segundo na primeira serie, por detrás do italiano Tecuceanu
Cun lanzamento de 16.88 m, a galega foi 13ª e non estará na final
O viveirense Adrian Ben superou a primeira criba con autoridade e meteuse na semifinal dos 800 metros do Campionato de Europa de pista cuberta. Ben foi segundo na primeira serie por detrás do italiano Tecuceanu, o único dos rivais que tiña mellor marca.
Adrián correu na primeira serie do 800, a que abría a cita de Turquía. Abrir unha criba sempre ten a súa dificultade, pero o de Viveiro fíxoo todo polo libro. Colocouse na rúa libre na cuarta posición e enseguida avanzou ata a terceira. Pegado ao italiano, o seu gran rival, nunha carreira da que tiraba o neerlandés Buiger. Na última volta, cando Tecuceanu pegou o cambio definitivo, Ben foi por el e entrou na segunda posición sen ningunha dificultade, deixando atrás o neerlandés, que non tivo ningunha capacidade de resposta.
Marcou un tempo de 1:47.32. e o sábado espérao a semifinal. Demostrou que está nun excelente momento de forma.
Adrián foi a cara e Isabel Toimil foi a cruz. No primeiro intento, a mugardesa mandou o peso aos 16 metros e 26 centímetros. No segundo intento (16.88) tampouco lle abondaba para entrar entre as oito primeiras. Fixo un nulo no derradeiro intentoe quedou fóra da final