Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben queda fóra da final do Europeo

Adrián Ben queda fóra da final do Europeo

O atleta de Viveiro foi sétimo na súa semifinal dos 800 metros

G24.gal 19/08/2022 20:50 Última actualización 19/08/2022 20:56

Adrián Ben non estará na final do Europeo de Múnic, tras ser sétimo na súa semifinal. O atleta de Viveiro loitou por agrandar o seu palmarés de finais en grandes citas internacionais tras asinar unha gran serie, na que foi segundo e logrou a clasificación directa para as semifinais deste venres.

Despois de conseguir meterse na final do Mundial de Doha, en 2019, e na dos Xogos Olímpicos de Tokio do ano pasado, o mariñán buscaba asinar o seu particular triplete co pase por primeira vez na súa carreira á final dos 800 metros lisos dun Europeo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade