Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben remonta e entra pola porta grande na final dos 800

Adrián Ben remonta e entra pola porta grande na final dos 800

Foi segundo da súa serie parando o crono en 1:43.92, mellor marca persoal

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 24/08/2023 21:26 Última actualización 24/08/2023 21:29

O galego Adrián Ben, vixente campión de Europa de pista cuberta, meteuse na final dos 800 metros do Mundial de Budapest e queda como único español na loita polas medallas tras a eliminación de Mohammed Attaoui e Saúl Ordóñez.

Ben, do mesmo xeito que fixo na primeira rolda de clasificación, foi de menos a máis ata o punto que chegado o ecuador da proba ía último. Foi na última volta, primeiro entrando por fóra e despois por dentro, cando comezou unha remontada que o levou a ser segundo da súa serie parando o crono en 1:43.92, mellor marca persoal.

O atleta galego celebrou o triunfo levantando os dous brazos en sinal de forza e accede á final coa responsabilidade de ser o único español entre os oito atletas que pelexarán polas medallas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade