Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben xa pensa nas próximas citas e compaxinará distancias

Adrián Ben xa pensa nas próximas citas e compaxinará distancias

A 'locomotora de Viveiro' foi protagonista dunha charla en Burela con Ana Peleteiro

G24.gal 23/12/2021 14:36

Ana Peleteiro e Adrián Ben coincidiron por última vez neste 2021.

Foi esta mañá en Burela. Auditorio de Burela. Xunto a Belén Toimil son o futuro máis recoñecible do atletismo galego. En 2021 o atletismo galego fixo 100 anos de historia e a atleta ribeirense logrou a primeira medalla olímpica para a nosa comunidade.

Ana Peleteiro e Adrián Ben desfrutaron cos máis xoves nunha charla-coloquio. Ensinanzas do deporte, hábitos saudables, valores...

Quedan tres anos para a seguinte cita olímpica. Ana e Adrián seguen medrando. Grandes obxectivos para 2022.

Adrián Ben xa pensa nas próximas citas: "Estamos preparando o mundial en pista cuberta e os mundiais e europeo ao aire libre". 

E non se centrará só nunha distancia: "Probarei 800 m e 1.500 m coma todos os anos. Penso que se poden compaxinar"; comentou o viveirense.

Ana falou coa súa naturalidade habitual da súa fobia a vomitar
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade