Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aemet: "Non hai precedentes dun verán tan cálido coma o de 2022 na serie histórica"

Aemet: "Non hai precedentes dun verán tan cálido coma o de 2022 na serie histórica"

España vai camiño do verán máis cálido en algo máis dun século

G24.gal 20/08/2022 12:49 Última actualización 20/08/2022 13:29

Coas previsións do que queda de agosto, e malia unha semana con varios días con temperaturas inferiores á media normal, co primeiro período fresco desde finais de xuño, "non hai precedentes" dun verán tan cálido coma o de  2022, desde hai algo máis un século.

A serie histórica arranca en 1961 e é probable que este verán sexa o máis cálido da serie histórica propiamente dita. Coas reconstrucións climáticas realizadas a partir de datos históricos, trataríase do verán coa temperatura media máis alta desde, polo menos, 1916, conforme a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

"Non quere dicir que o verán de 1915 fora máis cálido que o actual, senón que cos estudos realizados, o que podemos afirmar é que non hai precedentes dun verán tan cálido coma o actual nos últimos 106 anos como mínimo", din desde a AEMET.

"Estamos ante un verán extremadamente cálido ata o momento", xuño foi o cuarto máis cálido desde que hai rexistros, xullo foi o máis cálido, e a primeira quincena de agosto de 2022, a segunda máis calorosa da serie só superada pola de 2003.

O ano hidrolóxico actual de outubro ata o 31 de xullo é a cuarto máis seco da serie histórica. Choveu un 26 % menos do normal.

O ano natural 2022 é, ata o 31 de xullo, o terceiro máis seco da serie histórica, só por detrás de 2005 e 2012, e tamén, ata o momento, o terceiro máis cálido, por detrás de 2020 e 2017.

O valor medo das chuvias acumuladas no ano hidrolóxico, de outubro ata o 16 de agosto de 2022,  cífrase en 430 litros por metro cadrado, ao redor dun 26 % menos que o valor normal no período, 583 litros por metro cadrado.

"As cantidades acumuladas non alcanzan os valores normais en grande parte da península, agás en Granada, Almería, Murcia e a Comunidade Valenciana, e puntos na cornixa cantábrica, nos que superaron os valores normais", de acordo coa Aemet.

Canto ás precipitacións da última semana, do 10 ao 16 de agosto, que afectaron gran parte da península e as illas canarias occidentais, superáronse os 10 litros por metro cadrado en Galicia, Asturias, puntos de Castela-A Mancha, norte de Castelló e puntos dos Pireneos, onde se alcanzaron os 40 litros por metro cadrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade