Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esgótase o tempo para negociar a desconvocatoria da folga do transporte

Esgótase o tempo para negociar a desconvocatoria da folga do transporte

Ás catro da tarde, nova xuntanza co Goberno

Os transportistas galegos prepáranse por se se manteñen os paros

G24.gal 17/12/2021 13:58

Os transportistas organízanse xa para evitar problemas en produtos esenciais se se mantén a convocatoria de folga prevista par a semana que vén. Uns paros que afectarían moitos sectores en plena campaña de Nadal.

O Goberno confía en chegar a un acordo para evitar a folga e aseguran que atenderon todas as reclamacións do sector. Os paros poderían supor perdas superiores aos 160 millóns de euros para o pequeno comercio galego, xusto nun dos momentos do ano con máis movemento.

Tanto o Goberno como os transportistas están dispostos a negociar ata o último minuto, e volven manter unha xuntanza esta mesma tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade