Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agricultura inviste 35 millóns de euros para modernizar os regadíos da Limia

Agricultura inviste 35 millóns de euros para modernizar os regadíos da Limia

O ministro Planas anunciou que o novo sistema de regadío da comarca ourensá estará listo en 2026

G24.gal 19/01/2024 14:43

O Goberno destina 35 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos para a modernización dos regadíos da Limia.

Con estes cartos o Ministerio de Agricultura financia o oitenta por cento do proxecto, que beneficia a case 2.000 produtores que cultivan máis de 2.500 hectáreas.

Na sinatura do convenio estivo o ministro Luis Planas. Os regantes pedíronlle un esforzo adicional para evitar sobrecustos.

"Debido ao incremento dos custos do proxecto, expropiacións e gastos financeiros, solicito á Administración central que achegue unha axuda adicional a fondo perdido", dicía na súa intervención Amador Saborido, presidente da Comunidade Xeral de Regantes de Nova Limia.

Para conseguir os fondos europeos, o Goberno galego financiou a construción, electrificación e bombeo de 40 pozos novos, con seis millóns e medio de euros. Pide seguir apoiando os regantes.

"No tema do IVE, deberiamos lexislar para que non se repercuta e se non para que se poida asumir ese oitenta por cento polo Goberno central e botar unha man aos regantes. E ver como o podemos asumir o esquema de financiamento para evitar eses custos financeiros", concretaba o conselleiro do Medio Rural, José González.

O ministro de Agricultura destacou que a modernización permitirá optimizar o uso da auga para producir de xeito sostible  "Hoxe non se trata só de producir. Hai que producir ben, en cantidade, en calidade e en sostibilidade. E para iso a modernización do regadío é fundamental".

Fundamental, dixo Luis Planas, no futuro do medio rural, dos agricultores e dos gandeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade