Joseph Aidoo amplía o seu contrato co Celta ata 2026
Joseph Aidoo amplía o seu contrato co Celta ata 2026
Aidoo, de 26 anos, chegou a Balaídos no verán de 2019 procedente do Genk belga
O internacional ganés Joseph Aidoo ampliou dous anos máis o seu contrato co Celta, polo que seguirá vinculado á entidade galega ata o 30 de xuño de 2026.
“O proxecto de futuro, e presente, do R. C. Celta segue cobrando forza, consistencia, solidez”, apunta no seu comunicado o club vigués, que tamén destaca que o defensa central ha mostrado “unha grande evolución” ata “erixirse nunha peza clave” na solidez defensiva do equipo que dirixe Eduardo Coudet.
Aidoo, de 26 anos, chegou a Balaídos no verán de 2019 procedente do Genk belga, que recibiu preto de oito millóns de euros polo seu traspaso. Desde entón disputou 77 partidos coa camiseta celeste, 17 deles no presente curso ligueiro.
Aidoo está feliz tras renovar co Celta ata 2026:
"Vou loitar por este club con Afouteza"
Joseph Aidoo é _______________ ✍#BoMartes #Aidoo2026 pic.twitter.com/akoUD7y2pV
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) February 8, 2022