Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ainhoa Marín: "Vexo que estamos moi centradas, e iso faime estar tranquila"

Ainhoa Marín: "Vexo que estamos moi centradas, e iso faime estar tranquila"

Se derrota o Cacereño, o conxunto que prepara Irene Ferreras estará ascendido

G24.gal 17/04/2024 17:16 Última actualización 17/04/2024 17:22

Este domingo a familia deportivista pode festexar o primeiro ascenso da temporada co equipo feminino. Se derrota o Cacereño, rival da zona media, o conxunto que prepara Irene Ferreras estará ascendido á falta dunha xornada, volvería á liga principal despois da desgraza do ano pasado cando quedou a un gol de subir. As xogadoras do Deportivo tratan de afrontar a semana sen excitación.

"Vexo que estamos moi centradas e iso faime estar tranquila".

"A mensaxe non é que non nos pode escapar o ascenso senón gozar e gañar o partido".

No Deportivo Abanca agradecen poder xogar este partido en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar