Air Europa, de ERTE por forza maior a ERTE por causas económicas
Air Europa, de ERTE por forza maior a ERTE por causas económicas
A compañía aérea de Globalia aplica desde este venres un ERTE a 4.000 traballadores por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción
Coa fin de marzo expira o ERTE por forza maior debido á pandemia que ten en vigor neste momento
Air Europa chegou a un acordo cos sindicatos para aplicar desde este venres un expediente de regulación temporal de emprego por causas económicas a 4.000 traballadores.
Afecta a tripulantes de cabina de pasaxeiros e persoal de terra. Non atinxe a pilotos por falta de acordo cos representantes do colectivo.
Air Europa está acollida a un ERTE por forza maior como consecuencia da pandemia, pero iso elimínase este mes.
Esta compañía aérea está a traballar con case a metade da súa frota e foi unha das máis afectadas pola pandemia. Ademais negocia o seu futuro e unha posible alianza con Iberia.