Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mariñeiro do Porto do Son, entre os máis de 30 feridos no voo Madrid-Montevideo desviado ao Brasil

Un mariñeiro do Porto do Son, entre os máis de 30 feridos no voo Madrid-Montevideo desviado ao Brasil

Entre os feridos figura un mariñeiro do Porto do Son

O voo de Air Europa aterrou no Brasil tras sufrir turbulencias

Avión accidentado de Air Europa no aeroporto de Natal (Reuters).
G24.gal 02/07/2024 08:21

Máis de 30 persoas foron trasladadas a un hospital en Natal, O Brasil, tras a aterraxe dun avión da compañía Air Europa que cubría un traxecto entre Madrid e Montevideo e que sufriu turbulencias durante o voo. Sete viaxeiros quedaron feridos de gravidade. Entre eles está un mariñeiro de Porto do Son, con catro costelas rotas.

As turbulencias colleron desprevidas a tripulación e a pasaxe. O avión descendeu rapidamente en apenas uns segundos, que se fixeron eternos, no que semellaba ser unha fochanca aérea sen fondo.  "Foi unha situación horrible. Pensamos que xa non saïamos desta", conta un pasaxeiro.

Foi unha perda de altitute tan violenta que houbo incluso un home que atrevesou o falso teito do avión e foi rescatado por outros pasaxeiros a través da saída dunha das maletas superiores para a equipaxe de man. "A xente que non tiña cinto foi polos aires", di un deles.

Trabalho integrado da rede Sesap garante atendimento a mais de 30 vítimas de incidente aéreo!

Desde as primeiras horas desta segunda-feira (1º), toda a rede da Secretaria de Estado da Saúde Pública (Sesap) na Região Metropolitana de Natal atuou de forma integrada logo após a + pic.twitter.com/J4EBqBbAq2

O avión aterrou no Aeroporto Internacional de Natal "con múltiples vítimas atendidas pola rede de urxencias e emerxencias". As autoridades brasileiras mobilizaron 15 ambulancias para os afectados, que foron trasladados ao Hospital Monseñor Walfredo Gurgel de referencia para accidentes e traumatismos nesta rexión.

A aeroliña Air Europa informara previamente a Europa Press de sete feridos e dun número indeterminado de persoas afectadas por contusións leves.

O avión afectado é un Boeing 787-9 Dreamliner con 325 pasaxeiros a bordo. A aeronave será revisada para determinar o alcance dos danos rexistrados polas turbulencias e Air Europa enviará un avión novo para recoller os pasaxeiros afectados no Brasil.

O avión afectado é un Boeing 787-9 Dreamliner con 325 pasaxeiros a bordo. A aeronave será revisada para determinar o alcance dos danos rexistrados polas turbulencias e Air Europa enviará un avión novo para recoller os pasaxeiros afectados no Brasil.

Os pasaxeiros do voo de Air Europa UX045 foron trasladados en autobús desde o aeroporto de Natal, no estado de Río Grande do Norte, no Brasil (Reuters). Os pasaxeiros do voo de Air Europa UX045 foron trasladados en autobús desde o aeroporto de Natal, no estado de Río Grande do Norte, no Brasil (Reuters).
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade