Aitor Buñuel pide paso no Rácing logo de recuperarse das fracturas na cara
Aitor Buñuel pide paso no Rácing logo de recuperarse das fracturas na cara
O lateral practica cunha máscara e está con confianza para xogar en canto Parralo lle dea a oportunidade
Comezou como titular indiscutible na defensa pero un percance na terceira xornada diante do Deportivo levou a Aitor Buñuel á mesa de operacións. Nun choque fortuíto con Pablo Vázquez o xogador do Rácing saiu prexudicado e sufriu múltiples fracturas nos osos propios do nariz, no pómulo e na órbita ocular".
O período de baixa estimado era de dous meses pero o xogador agarda reducir os prazos. Xa está a adestrar co grupo, teno que facer cunha máscara pero cada día ten máis confianza para facer os exercicios e non ten medo á hora de ir ao choque. "As fracturas reforzáronse con titanio, levo unha carauta ... É todo cuestión de confianza", asegurou Buñuel, que compareceu diante dos medios de comunicación.
"O primeiro día despois de regresar aos adestramentos levei dúas labazadas. Hoxe xa despexei de cabeza", comentou o xogador, que tamén está contento pola boa serie de resultados que encadeou o Rácing.