Publicador de contidos
Publicador de contidos

Albares asegura que España "non abandonará" os saharauís

Albares asegura que España "non abandonará" os saharauís

O ministro de Exteriores defende que "se abre unha nova relación con Marrocos"

Todos os grupos, incluído Podemos, repróchanlle a ocultación e o malestar con Alxeria

G24.gal 23/03/2022 18:21

José Manuel Albares compareceu no Congreso para explicar o xiro na postura do Goberno sobre o Sáhara.

O ministro de Exteriores explicou que aceptan a proposta de autonomía que defende Marrocos  porque permitirá abrir unha nova etapa co país veciño baseada no respecto mutuo, na abstención de respostas unilaterais e a garantía da integridade territorial dos dous estados.

O responsable de Exteriores cre que toca mover ficha 47 anos despois da saída de España da súa antiga provincia.

"Temos que contribuír a abrir unha perspectiva política de solución mutuamente aceptable para unha cuestión que leva estancada case 5 décadas. Se non nos involucramos, seguirá enquistada 5 décadas máis", dixo Albares.

Menos o PSOE, todos os grupos da cámara criticaron o xiro do Goberno por tres motivos. Marta Rosique, de ERC, falaba de traizón ao pobo saharauí: "Mentres defenden a soberanía de Ucraína, como debe ser, vostedes violan a soberanía do Sáhara Occidental".

O ministro Albares na comisión do Congreso deste mércores O ministro Albares na comisión do Congreso deste mércores

Tamén por ocultarlle as súas intencións. O peneuvista Aitor Esteban esixía "aquí vense antes e non despois".

Críticas mesmo dun dos socios de Goberno.  Gerardo Pisarello, de En Comú Podem, cre que "non é de recibo que a embaixada de EUA soubese o que pasou antes que os , deseus socios de Goberno, o Congreso e a cidadanía española".

E reproches tamén por poñer en risco a relación con Alxeria.

Iván Espinosa de los Monteros, de VOX, dixo que "non cabe maior imposibilidade que, no medio dunha crise enerxética terrible como está vivindo Europa, que está empobrecendo os españois, provocar o país que subministra case a metade do gas que importamos".

Segundo a popular Mª Valentina Martínez Ferro, "empeorou vostede todo o que era moi difícil de empeorar, porque dunha crise sacou tres e cometendo o mesmo patrón: a mentira e a ocultación".

Albares anunciou que viaxará o un de abril a Rabat para, dous anos despois, reabrir as fronteiras terrestres con Marrocos e deseñar a vindeira operación Paso do Estreito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade