Publicador de contidos
Publicador de contidos

Albares di que tanto España como Marrocos investigarán o sucedido en Melilla

Albares di que tanto España como Marrocos investigarán o sucedido en Melilla

Albares apuntou que "tanto a Fiscalía marroquí como o Defensor do Pobo de España van investigar os feitos"

G24.gal 28/06/2022 11:03

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, asegurou que "tanto España como Marrocos queremos sabe que ocorreu" no salto ao valado de Melilla que o venres pasado deixou máis dunha vintena de mortos e que o investigarán.

Así o afirmou nunha entrevista en Antena 3, na que apuntou que "tanto a Fiscalía marroquí como o Defensor do Pobo de España van investigar os feitos".

En calquera caso, "está claro que unha avalancha de 2.000 persoas é moi difícil de xestionar" polo que España necesita "reforzar aínda máis a colaboración con Marrocos" e cos países de tránsito da migración que veñen do sur, asegurou.

Sobre as afirmacións marroquís de que o responsable do asalto foi Alxeria co seu desleixo con migrantes, o ministro de Asuntos Exteriores manifestou que el non vai "acusar sen saber o que ocorreu", por iso "tanto España como Marrocos queremos saber que ocorreu e que teñamos claros os feitos".

Albares manifestou que a Unión Europea debe involucrarse máis na xestión desta migración posto que se trata "dun fenómeno moi complexo ao que ningún país pode enfrontarse só".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade