Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alberto Garzón suspende a axenda de actos tras dar positivo en covid

Alberto Garzón suspende a axenda de actos tras dar positivo en covid

O ministro seguirá traballando na casa porque "se atopa ben"

G24.gal 23/01/2022 16:33

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, deu positivo en covid-19. Segundo informa este domingo na súa conta de Twitter, suspende os actos e as xuntanzas que tiña programadas pero seguirá traballando na casa porque se atopa ben.

É a segunda vez, en pouco máis dun mes, que o ministro de Consumo ten que cancelar a súa axenda como consecuencia do coronavirus. A primeira, o 16 de decembro, por ser contacto estreito dun positivo.

A través da mesma rede, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desexoulle unha pronta recuperación e expresoulle os seus desexos de que "siga ben" e "pronto" se incorpore á súa axenda de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos