Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alegría e prudencia entre os traballadores pola fin da obrigatoriedade da máscara no interior

Alegría e prudencia entre os traballadores pola fin da obrigatoriedade da máscara no interior

G24.gal 16/04/2022 21:07

Os comerciantes reciben as novas medidas con alegría, pero tamén con prudencia. Moitos din que seguirán utilizando a máscara acotío ou en momentos puntuais.

"É un sitio pequeno, métense no probador que é un sitio máis pequeno aínda, éntranche dúas ou tres persoas e estamos moi pegadiños todos. Paréceme que de momento é aínda un pouco pronto para quitala nos interiores." 

"Eu estando de cara ao público, por exemplo, no Nadal se vai volver haber gromos pois pola miña familia si que a porei, pero todo o que sexa ir recuperando a normalidade mentres clinicamente sexa seguro está ben."  

Alivio entre os hostaleiros, confían en que a medida axude a recuperar a normalidade de a pouco. 

"Estamos xa desexando quitar as máscaras e poder traballar cun sorriso de cara ao público."

"Nótase no ambiente que a xente xa ten un pouquiño de ganas de volver a normalidade e a verdade que ben, moi contentos."

Con algunhas excepcións, Sanidade deixa nas mans de cada empresa a decisión de se os seus traballadores deben ou non utilizar a máscara en interiores. 

"Eu lévoa agora e non creo que as vaian quitar a curto prazo. Si que é verdade que se pode teletraballar, así que as empresas tamén se son flexibles con iso e permiten o teletraballo tamén cada un pode estar na súa casa sen a máscara, claro." 

"No traballo imos manter as máscaras e despois cumprirei as normas. Normalmente poñemos as máscaras cando estamos en locais pechados como nas cafeterías e seguramente o seguiremos facendo."

"A min paréceme ben, pero coido que nalgúns lugares como transporte público e mesmo nalgunhas empresas coido que é preciso seguir levando a máscara."

Coinciden en que cómpre non baixar a garda e evitar situacións que faciliten novos contaxios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade