Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aleix Font e o Leyma Coruña seguen da man

Aleix Font e o Leyma Coruña seguen da man

O base catalán cumprirá a súa terceira tempada no club coruñés

No pasado curso foi importante con nove puntos por partido

Aleix Font, co Leyma Basquet Coruña.
G24.gal 24/07/2024 12:50

O Leyma Basquet Coruña segue estreitando mans. Foi o quenda de Aleix Font, que renova a súa vinculación e cumprirá a súa terceira temporada na Coruña. O catalán foi importante no ascenso con nove puntos por partido e moito peso na sala de máquinas coruñesa.

O xogador ten experiencia na ACB en varios equipos. O primeiro foi o Barcelona, conxunto no que se formou de rapaz e co que debutou, antes de marchar ao Obradoiro. Tamén xogou na máxima categoría co Zaragoza, despois dun ano en segunda co Girona.

Aleix Font é o sexto xogador renovado. Súmase a Lundqvis, Diagne, Burjanadze, Álex Hernández e Goran Huskic. que tamén ratificaron o seu compromiso co club da cidade herculina. E o mercado non para. O obxectivo e facer un equipo competitivo para loitar na ACB. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade