Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aleksa Puric, altura e contundencia para a zaga do Racing

Aleksa Puric, altura e contundencia para a zaga do Racing

O central serbio de 21 anos chega procedente do Doxa Katokopias chipriota

Puric formouse na canteira do Partizan e afronta a súa segunda aventura como sénior

Aleksa Puric, adestrando co Racing
G24.gal 15/07/2024 13:29

O Racing de Ferrol presentou o seu novo central, o serbio Aleksa Puric. O mozo, de 21 anos acabados de facer, mostrouse ilusionado ao ter a oportunidade de xogar en España e de facelo nunha liga como a Hypermotion.

Puric procede do Doxa Katokopias de Chipre, equipo en que iniciou a súa andadura como sénior despois de formarse nas categorías inferiores no Partizan. El mesmo destacou, sobre o seu xogo, a súa "contundencia" e o seu "xogo de cabeza", pero dixo que tamén pode achegar "rapidez" na defensa ferrolá.

O rapaz demostrou ademais que está estudando castelán para adaptarse o máis rápido posible. Dos adestramentos co equipo, destacou "a calidade dos compañeiros", e tivo palabras de agradecemento para os afeccionados, que "xa se achegan a pedir fotos pola rúa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade