A anfitrioa Alemaña asoballa a Escocia na estrea (5-1)
A anfitrioa Alemaña asoballa a Escocia na estrea (5-1)
Wirtz, Musiala, Havertz, Fullkrug e Can marcaron os goles do equipo anfitrión
A selección de Alemaña comezou a súa Eurocopa pasándolle por riba a Escocia (5-1). En vinte minutos xa tiña despachado o compromiso con dous goles marcados por Florian Wirtz e Musiala. A nova e descarada selección alemá non atopou rival nun equipo que puxo en problemas a España na fase de clasificación.
⚽️ El pase milimétrico de Kroos. La calidad de Kimmich para el pase entre líneas. Wirtz aniquila.
— Teledeporte (@teledeporte) June 14, 2024
¡Alemania marca el primer gol de la #Euro2024 con una gran jugada colectiva!
🔵 DIRECTO | @La1_tve y https://t.co/EXyMu7sZbq pic.twitter.com/F5FWDI1ueO
Baixaron o ritmo os xermanos ata que no treito final da primeira metade volveron a impoñer o seu ritmo. No último minuto Ryan Porteous cometeu un penalti que lle custou a expulsión. Havertz marcou e puxo o terceiro antes do descanso.
Ata que Nagelsmann meteu os trocos parecía que Alemaña se conformaba coa cómoda vitoria diante dunha feble Escocia. Pero a aparición no partido de Fullkrug resultou fulgurante e, con dous minutos sobre o céspede, acertou a rematar á escadra un remate cruzado. No minuto 75 o dianteiro do Dortmund marcou outro tanto pero foi anulado por fóra de xogo logo da revisión do VAR.
🔨 El delantero del pueblo.
— Teledeporte (@teledeporte) June 14, 2024
Allá donde anidan las arañas la mandó el crack de Füllkrug. #EuroRTVE #Euro2024
🇩🇪 Alemania, cosechando la goleado más grande en un partido inaugural de la Eurocopa. pic.twitter.com/WlSmWqXGaQ
Nos últimos minutos Escocia marcou o gol da honra a balón parado. Unha falta lateral que tocou McKenna e introduciu na súa propia portería o central do Real Madrid Rudiger. Espertou a carraxe de Alemaña que no último minuto facía o definitivo 5-1 co gol de Emre Can.