Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alemaña emite unha orde de detención contra un cidadán ucraíno pola sabotaxe do Nordstream

Alemaña emite unha orde de detención contra un cidadán ucraíno pola sabotaxe do Nordstream

Unha investigación xornalística apunta á autoría ucraína (e non rusa) da sabotaxe, que consistiu en explosións submarinas que romperon hai dous anos o gasoduto e provocaron fugas de gas

G24.gal 14/08/2024 11:32

Alemaña emitiu unha orde de detención contra un cidadán ucraíno que vive en Polonia pola súa suposta vinculación coa sabotaxe en 2022 contra o gasoduto NordStream, que transportaba gas desde Rusia a Alemaña a través do Báltico, segundo unha investigación desenvolvida pola cadea de televisión pública ARD, o xornal Süddeutsche Zeitung e o semanario Die Zeit.

Segundo esta investigación, o individuo contra o que se emitiu a orde de detención é un instrutor de mergullo identificado como Vladímir S., pero a orde non foi executada por Polonia, aínda que Varsovia e Berlín debaten sobre o futuro do suxeito sospeitoso.

A investigación destes medios apunta á autoría ucraína da sabotaxe, que consistiu en explosións submarinas que se produciron o 26 de setembro de 2022, romperon o gasoduto e provocaron fugas de gas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade