Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alemaña estuda recuperar a mili obrigatoria e abre debate: a favor ou en contra?

Alemaña estuda recuperar a mili obrigatoria e abre debate: a favor ou en contra?

En España o servizo militar suprimiuse hai 23 anos

G24.gal 06/03/2024 14:07

O Goberno alemán pretende reinstaurar o servizo militar obrigatorio que suprimiu hai 12 anos. Non sería o único país da Unión en facelo. No 2017 Suecia restableceu o recrutamento forzoso no exército. En España a mili suprimiuse hai 23 anos. 

"Considéroo innecesario, non sei que razóns ten Alemaña"; "Eu digo que é mellor un exército profesional"; "Véxoo recomendable para a sociedade de hoxe en día".

Alemaña abre o debate. A favor ou en contra. Unha controversia que en ningún caso deixa a ninguén indiferente. "Tamén o tiñan que facer aquí"; "Unha vez que se retirou iso non lle vexo sentido, a verdade"; "Non. É tempo perdido"; "Penso que é o máis recomendable tanto para homes coma para mulleres".

Coincidencias na necesidade dun exército, pero no que toca a que sexa obrigatorio... a cousa cambia. "Obrigatorio non. Iso parece como regresar ao século pasado"; "Non o vexo ben. A xente ten dereito a decidir".

Entre os que a fixeron, tamén diversidade de opinións. "Foi un tempo perdido. Só fun gastar cartos"; "Polo menos aprendín a obeceder"; "Para min forxa o carácter"; "O importante é que os países poidan defenderse cun exército preparado".

Aquí, de momento, as imaxes daqueles sorteos seguen sendo un arquivo do pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade