Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alemaña salva no engadido a primeira posición do seu grupo

Alemaña salva no engadido a primeira posición do seu grupo

Suíza foi gañando case todo o partido pero Fullkrug marcou no 92

G24.gal 23/06/2024 22:50

Sufriu a selección de Alemaña para manter a primeira posición no Grupo A da súa Eurocopa pero conseguiu igualar o partido diante de Suíza no minuto 92 grazas a un gol marcado por Fullkrug. 

A Alemaña chegáballe cun empate para garantir ese primeiro posto. Ndoye marcou no 28 adiantando o equipo suízo e viraba todas as previsións. Mesmo chegaron a marcar un segundo tanto no minuto 84 nun remate cruzado de Vargas que foi anulado por fóra de xogo. 

Todo apuntaba a un triunfo de Suiza pero no engadido apareceu o xogador do Borussia de Dortmund para lograr a igualada. Alemaña queda no camiño de España e sería un posible enfrontamento nos cuartos de final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar