Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta en Cecebre pola escaseza de auga

Alerta en Cecebre pola escaseza de auga

O encoro atópase no 38 % da súa capacidade

G24.gal 18/10/2022 14:57 Última actualización 18/10/2022 15:23

Malia a chuvias destes últimos días e das que se agardan para o resto da semana, a ameaza de seca está aínda lonxe de desaparecer en Galicia. O encoro coruñés de Cecebre, por exemplo, que abastece a cidade da Coruña, amosa o nivel máis baixo en moito tempo. Atópase ao 38 por cento da súa capacidade.

Na zona contan que hai dous meses comezou a chamarlles a atención a velocidade á que baixaba a auga.

Hai que remontarse ao 2005 para atopar nos rexistros de Augas de Galicia un nivel tan baixo como o deste mes de outubro. Pero os veciños din que aínda o teñen visto máis baixo.

Preocupa tamén a situación na Conca do Miño-Sil que está ao 41,5 por cento da súa capacidade. Tamén no pantano de Galicia Costa que non chega nin á metade da súa ocupación. 

Con esta situación, varios concellos xa emitiron bandos para concienciar sobre o aforro de auga.

Pendentes da evolución meteorolóxica, con previsión de chuvias para estes días, agardan que a situación mellore axiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos