O temporal pon o litoral baixo aviso laranxa e anuncia un tren de borrascas
O temporal pon o litoral baixo aviso laranxa e anuncia un tren de borrascas
O paso dunha nova fronte volveu activar avisos en toda a comunidade por vento forte e chuvia intensa
Chuvia intensa que descargou dende ben cedo e vento forte no mar, así é a alerta laranxa, que unha xornada máis deixa en terra moitos mariñeiros.
No sur da provincia da Coruña e tamén na de Pontevedra, chegaron a recollerse máis de corenta litros por metro cadrado. E o vento que tamén soprou con forza deixou refachos en zonas altas do litoral por riba dos cen quilómetros hora
Mentres as máquinas traballan no areal de Riazor para volver levantar a duna que protexe dos temporais.
Pola tarde, o vento do suroeste soprará con forza no litoral e as temperaturas seguirán sendo agradables
A chuvia tamén irá remitindo, pero, ollo, porque a previsión para os vindeiros días di que aínda quedan tres borrascas máis por chegar.