Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata o Outono Micolóxico de Ourense cunha gran mostra de cogomelos

Remata o Outono Micolóxico de Ourense cunha gran mostra de cogomelos

A exposición contou cunhas 200 especies diferentes de fungos recollidos na contorna da cidade das Burgas

 

G24.gal 17/11/2024 22:08 Última actualización 17/11/2024 22:48

Os amantes do mundo dos cogomelos tiveron esta semana unha cita na cidade de Ourense, no Outono micolóxico. 

Desde hai 25 anos, a Asociación Os Cogordos organiza estas xornadas para divulgar a riqueza micolóxica de Galicia.

Este domingo, rematou cunha gran mostra de cogomelos. Había unhas 200 especies diferentes de fungos recollidos na contorna da cidade das Burgas.

Moita xente achegouse ata alí para seguir aprendendo a coñecer os exemplares comestibles e tamén a recoñecer os tóxicos.

Os cogomelos espertan un grande interese e apañalos permite, ademais, un contacto estreito coa natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar