Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa por temporal na costa da Coruña e de Pontevedra

Aviso laranxa por temporal na costa da Coruña e de Pontevedra

As ondas poderían alcanzar os seis metros de altura

G24.gal 23/12/2021 10:36

O litoral da Coruña e Pontevedra estará desde esta tarde en aviso laranxa por temporal, con ondas que poderían alcanzar os seis metros de altura. Na costa de Lugo haberá aviso amarelo por mar combinado de catro a cinco metros.

Tamén o vento, de compoñente sur, acadará forza 7 nas Rías Baixas ou na Costa da Morte. Na Mariña, no oeste da Coruña ou na montaña de Ourense mañá poderán rexistrarse refachos que superen os 80 quilómetros por hora.

A Xunta aconsella que a cidadanía non se achegue á liña de costa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade