Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta sanitaria: retiran varios produtos da marca Kinder por posible salmonelose

Alerta sanitaria: retiran varios produtos da marca Kinder por posible salmonelose

Aínda non consta ningún caso en España 

G24.gal 07/04/2022 19:00

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria, tras o aviso da Rede de Alerta Alimentaria Europea, advirte da retirada de varios produtos da marca belga Kinder por unha posible toxiinfección alimentaria en varios países causada por unha bacteria de salmonella.

A alerta afecta os ovos Kinder sorpresa en caixa de 6 da edición de Nadal, os Kinder Schokobons normais e brancos, o Kinder sorpresa maxi e o Kinder Happy Moments, todos con datas de consumo preferente entre o 26 de maio deste ano e o 21 de agosto.

Aínda non se coñece ningún caso en España pero recoméndase non consumir estes produtos aínda que xa se teñan na casa.

No caso de consumir algún deles e notar síntomas compatibles cunha salmonelose como diarrea e vómitos con febre e dor de cabeza, as autoridades aconsellan dirixirse a un centro de saúde.

A empresa distribuídora en España informou de que o resto de formatos de ovos Kinder Sorpresa e o resto de marcas Kinder non teñen problema algún.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade