Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan da presenza de falsos técnicos do gas ou a luz nas aldeas de Nogueira de Ramuín

Alertan da presenza de falsos técnicos do gas ou a luz nas aldeas de Nogueira de Ramuín

G24.gal 26/11/2022 21:03 Última actualización 26/11/2022 21:25

Camilo e a súa irmá relatan aínda entre abraiados e indignados o acontecido o mércores pasado. Uns descoñecidos intentaron acceder á súa casa contra o mediodía coa escusa de lles facer un novo contrato da luz. 

"Eles erre que erre que querían entrar a luz, ata lle pediron o número da casa. Se estou eu engánanme, botábanse a min."

Eran dous homes novos que conducían un coche de cor azul, o mesmo co que se achegaron nos últimos días a outras parroquias próximas. No concello lindeiro de Esgos conseguiron o seu obxectivo. 

"A esa señora de Lobaces leváronlle mil e pico euros, entón xa me dirá."

Por iso dende hai días nas aldeas de Nogueira de Ramuín poden verse carteis coma este. 

"Alertando a poboación de que está esta xente movéndose polo concello e que estean alerta. Evidentemente é unha estafa, esta xente o único que pretende é acceder a eses domicilios para estafar e roubar a esta xentiña, que normalmente nestas aldeas é xente maior." Explica Manuel Pereira, tenente de alcalde en Nogueira de Ramuín.

E lembran que no caso de detectar algo sospeitoso os veciños non deben dubidar en chamar canto antes a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade