Álex Suárez: "Daríalle de novo o último tiro a Kassius Robertson"
Álex Suárez: "Daríalle de novo o último tiro a Kassius Robertson"
O obradoirista saíu na defensa do seu compañeiro tras errar o tiro que lle daría a vitoria en Fuenlabrada
O ala pivote confía no seu equipo e espera sacar un triunfo na pista do Zaragoza este próximo mércores
A fortaleza defensiva o factor que apunta coma chave de cara á permanencia dos santiagueses na liga ACB
Álex Suárez xogou onte 'Ao contraataque'. O menorquino queixouse da derrota conseguida en Fuenlabrada o pasado sábado e apostou pola permanencia do Obradoiro unha temporada máis na liga ACB:
"Aínda estamos un pouco enfadados, pero ao final vainos dar forza de cara ao partido de Zaragoza. Hai que sacar conclusións positivas do pasado en Fuenlabrada. Eu daríalle mil veces o último tiro de novo a Kassius Robertson. Estou seguro de que a metería. Sabiamos que esta semana era complicada. Hai que ir partido a partido. Zaragoza ten un equipo longo, con xogadores de moito talento, con reforzos importantes nas últimas xornadas, como Frankie Ferrari. Sabemos que a afección vai apertar, pero estamos traballando ben e estou seguro que a vitoria vai chegar. Cando estamos ben en defensa e xogamos fluído en ataque facemos un bo baloncesto. Este ano está sendo difícil para min polas lesións, pero non serve de escusa. Hai que poñer as pilas".