Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfonso Rueda: "A remuda na Xunta depende de Alberto Núñez Feijóo"

Alfonso Rueda: "A remuda na Xunta depende de Alberto Núñez Feijóo"

Lembra que os tempos da substitución correspóndenlle marcalos ao actual presidente galego

 

G24.gal 23/04/2022 14:23

O líder do PP na provincia de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura comezar "ilusionado" o proceso para suceder a Alberto Núñez Feijóo á fronte do Partido Popular de Galicia. Este sábado comezou a campaña para presentarlle o proxecto a toda a militancia.

A preguntas da prensa en Arbo, dixo estar "moi contento" polo acto do venres pasado en Pontevedra no que proclamou a súa candidatura para ser o novo líder dos populares galegos. Rueda lembra que é un congreso "aberto" ao que "todo o mundo se pode presentar".

Considera que está a ser un proceso "ordenado" e "modélico" no marco da "transición que había que facer". Reitera os obxectivos de "unidade" e "estabilidade" nun partido que "sustenta un goberno", polo que "hai que facer as cousas ben".

No que respecta á remuda no Goberno da Xunta, Alfonso Rueda indicou que Alberto Núñez Feijóo é o encargado de marcar os tempos, aínda que, segundo dixo, xa ofreceu "pistas" de que se vai producir "nos próximos días".  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade