O presidente da Xunta iniciará con Sanmartín o 2 de outubro as reunións cos alcaldes
O presidente da Xunta iniciará con Sanmartín o 2 de outubro as reunións cos alcaldes
Alfonso Rueda di que a súa intención e reunirse con todos os rexedores que o pediron
Despois da alcaldesa compostelá será a quenda de Pérez Jácome, Rey Varela e Fernández Lores
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciará a rolda de reunións cos alcaldes o próximo dous de outubro nun primeiro encontro que manterá coa rexedora da capital galega, a nacionalista Goretti Sanmartín, informaron fontes de Presidencia.
Tras iso, prevé reunirse o venres día 6 co rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o luns 16 de outubro co alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela e o mércores 18 co de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
En declaracións aos medios, Rueda desvelou que a súa intención é atender a todos os alcaldes que o solicitaron.
“Goretti Sanmartín foi das primeiras que o solicitou e como alcaldesa da capital de Galicia vai ser á primeira que lle propoña a reunión”, esgrimiu o mandatario autonómico.
Nese encontro abordarase a posibilidade de implantar a denominada “taxa turística” despois de que o Concello compostelán remitise a principios do mes de agosto a súa proposta ao Executivo galego.