Cargando resultados...
Rueda pídelle ao Goberno que concrete o número de prazas e de trens Avril para Galicia
Rueda pídelle ao Goberno que concrete o número de prazas e de trens Avril para Galicia
O presidente da Xunta en funcións acusa o Ministro de Transportes de falta de respecto coa nosa comunidade
G24.gal
02/04/2024 15:06
Alfonso Rueda tamén se referiu ás declaracións do ministro de Transportes, Óscar Puente, que segue sen concretar a data de posta en marcha dos trens Avril para conectar as cidades galegas por alta velocidade. Rueda cre que se trata dunha falta de respecto con Galicia.
"O tipo de trens, que número de trens. Iso é o que inflúe no número de prazas e no prezo dos billetes. é o que queremos saber desde Galicia e non nos contestan de ningunha maneira. Xa abonda de tomar o pelo. Eu pediríalle ao Ministro un pouco de seriedade e que non lle falte ao respecto a Galicia", asegurou Rueda.