Publicador de contidos
Publicador de contidos

España lidera a alianza global contra a seca e reafirma o seu compromiso coa transición ecolóxica

España lidera a alianza global contra a seca e reafirma o seu compromiso coa transición ecolóxica

España e O Senegal lanzan a iniciativa no Cumio do Clima

G24.gal 07/11/2022 20:43

Chámase Alianza para a Resiliencia ante a Seca. É unha iniciativa conxunta de España e O Senegal, presentada este luns no marco do Cumio do Clima, e resume a preocupación xeral pola escaseza de auga. 

Pedro Sánchez di que ningún país, por rico que sexa, está libre de sufrir os efectos da seca e que por iso chegou o momento da prevención e da cooperación.

España, líder da iniciativa

A Alianza conta xa coa adhesión de 30 países, entre eles, Os Estados Unidos, A China e estados da Unión Europea, e máis de 20 organizacións. Comprométense a unificar esforzos e compartir recursos para afrontar as próximas secas.

España dá o primeiro paso. Achegará cinco millóns de euros para que empece a operar. Así o ratificou posteriormente Pedro Sánchez ante os mais de 120 dirixentes que asisten ao Cumio, onde reafirmou o compromiso de España coa transición enerxética.

"Á indiferenza debemos contestar cunha axenda comprometida, porque nos vai a vida nisto. Nesta COP27 temos a esixencia moral de actuar con determinación e paso firme. España estará á altura para avanzar nese camiño compartido xunto ao resto da humanidade", concluíu Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade