Alicia Fernández: "Temos a ilusión de poder ser campioas do mundo"
A de Valdoviño volveu ser importante no cuarto triunfo consecutivo das Guerreiras
Unha vitoria ante Croacia colocaría a selección española nos cuartos de final do mundial
A selección española feminina de balonmán acadaba onte o seu cuarto triunfo no mundial que se está celebrando en España tras derrotar a Xapón. Ao remate do partido, a xogadora de Valdoviño Alicia Fernández xogou 'Ao contraataque' e valorou as opcións das Guerreiras na cita mundialista:
"Sabiamos que Xapón era un rival difícil, moi incómodo polo seu estilo, pero soubemos sufrir e sacar o partido adiante. Estamos a un paso dos cuartos de final. O importante é estar nesa rolda. Imos pasiño a pasiño. A ilusión é ser campioas do mundo, pero hai que ter cautela. Pouco a pouco vou collendo o ritmo tras a lesión que me fixo parar os primeiros quince días da concentración. Cada vez con mellores sensacións".