Publicador de contidos
Publicador de contidos

A frota galega respira aliviada tras o acordo para pescar en caladoiros arxentinos

A frota galega respira aliviada tras o acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos

G24.gal 12/07/2024 14:17

A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros arxentinos. De levarse a cabo a medida, as empresas galegas quedarían nunha clara posición de inferioridade á hora de competir cos xigantes asiáticos con capacidade para pagar aranceis máis altos, como é o caso da China.

Empresas e armadores respiran aliviados logo dunha negociación intensa entre o Goberno arxentino e o sector na que se logrou despexar o futuro dos buques galegos con cotas de pescada para quince anos. 

A decisión beneficia 80 barcos pertencentes a unha ducia de empresas galegas que cada ano traen a Europa máis de 50.000 toneladas de peixe. 

O acordo coa Arxentina sobre xestión pesqueira non está pechado, quedan cuestións aínda relevantes como as contías que cómpre aboar nos dereitos de pesca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade