Almeida, sobre o incidente cun concelleiro do PSOE: "Nunca esperei vivir unha situación así"
Almeida, sobre o incidente cun concelleiro do PSOE: "Nunca esperei vivir unha situación así"
José Luis Martínez Almeida agradece o apoio de todos os grupos municipais
O alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, agradeceu hoxe o apoio de todos os grupos municipais no Concello de Madrid, logo do incidente en que o concelleiro socialista, Daniel Viondi, lle deu tres palmadas na cara.
Almeida asegurou que nunca esperou "ter que vivir una situación destas características". "Estou seguro" -dixo- "de que isto no Concello de Madrid non vai volver pasar".
Dende o PSOE Reyes Maroto pediulle desculpas a Martínez-Almeida e Juan Lobato, secretario xeral dos socialistas en Madrid, tras recriminarlle o comportamento ao concelleiro, esixiulle a renuncia á acta. O alcalde de Madrid, agradeceu a rápida resposta dos dirixentes socialistas.
En declaracións á TVG, Martínez Almeida confirmou que Daniel Viondi lle pediu desculpas persoalmente e explicou que daba por "pechado o debate". "Concluíu como debería concluír". "Os grupos demostramos que estamos á altura do que os madrileños nos demandan", afirmou o rexedor de Madrid.