Alumnos de deseño da Escola Mestre Mateo de Santiago mostran as súas coleccións na Cidade da Cultura
Alumnos de deseño da Escola Mestre Mateo de Santiago mostran as súas coleccións na Cidade da Cultura
Os estudantes mostran os seus deseños na pasarela e, tamén, ante recrutadores de talento de importantes empresas do téxtil
A Cidade da Cultura acolle o desfile da Gala Despunte, protagonizada polos alumnos e alumnas de deseño da Escola Mestre Mateo
E se queren albiscar por onde se encamiña o futuro da moda, poden tomar nota no desfile que celebra esta tarde de xoves en Santiago o alumnado de deseño da Escola Mestre Mateo. Estivemos con algúns deles esta mañá. Vimos que as coleccións que presentan están moi marcadas pola tradición galega.
Durante a mañá, Damián, parte do equipo que coordina e ensaia o desfile, márcalle aos modelos que os alumnos e alumnas da Escola Mestre Mateo fan cada curso para expoñer os seus traballos de fin de grao. Todos os deseños contan unha historia.
A Gala Despunte, canteira de moda emerxente en Galicia, é un escaparate do talento. Un escaparate ao que se asoman recrutadores de máis dunha ducia de empresas nacionais e internacionais.