Alumnado do CEIP de Tarrío participa nun proxecto europeo de aprendizaxe intercultural
Trátase da iniciativa Let's Sing Together
Aprenden música, idiomas e tecnoloxía dun xeito lúdico e sentíndose os protagonistas
Desde o pasado mes de setembro, estes alumnos de sexto de primaria están a asumir diferentes desafíos, desde a creación de contos colectivos ata composicións de cancións. O fío condutor é a música, pero os idiomas e as novas tecnoloxías tamén xogan un papel fundamental.
"Estamos a levar a cabo un programa europeo que consiste en traballar cos centros doutros países e que eles liberen as notas musicais que están pechadas nun castelo". explica Lucía Picos, a titora do proxecto.
Esta mañá trataron de liberar a nota LA.
"Cada clase de cada centro fixemos debuxos dixitais ou manuais". "E imos votar a ver cal dos debuxos vai ser a portada e a contraportada do libro que é como se fose unha liberación para unha nota musical de todo o proxecto".
A nota SI xa a conseguiron nun reto sobre a paz... coa interpretación dunha canción.
"Ao final do proxecto, que será no mes de maio, ao liberar todas as notas podemos facer que o munod sone mellor". "O que destacaría é que coñecemos nenos doutros países".
"Para eles é moito máis motivador... non é a aprendizaxe tradicional. Eles veno como un xogo e eles son sempre os protagonistas", engade Lucía Picos.
E deste xeito, coñecen as culturas doutros países e como traballan... á vez que desenvolven as súas capacidades lingüísticas e creativas.