Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alves: "Hai que continuar concentrados co foco en gañar, en gañar e en gañar"

Alves: "Hai que continuar concentrados co foco en gañar, en gañar e en gañar"

Sabit Abdulai viu a quinta amarela e non xogará en Irún

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 01/02/2024 16:19 Última actualización 01/02/2024 16:25

O C. D. Lugo tardou en entrar no mercado de inverno pero a falta de poucas horas para o seu peche oficial, conseguiu incorporar a dous futbolistas cos que pretende dar un salto de calidade nesta segunda metade da tempada.

A irregularidade marcou unha primeira fase do curso na que, fóra dun gran mes de outubro sen empates nin derrotas, o equipo non terminou de arrincar para instalarse nos postos de play off do grupo 1 de Primeira RFEF.  Por iso, ademais dun cambio de adestrador a finais do pasado mes de decembro, a dirección deportiva liderada por David Peláez traballou nas últimas semanas para reforzar ao equipo segundo as necesidades que transmitiu Paulo Alves. O técnico luso recoñeceu nas últimas roldas de prensa que o equipo necesitaba reforzos na zona de ataque e na mediapunta, sobre todo tras unha lesión de Willy Ledesma.

O equipo tamén recuperou a confianza tras o último triunfo.

"Hai que continuar concentrados co foco en gañar, en gañar, en gañar. Esa é a mensaxe".

"As vitorias axudan, estes xogadores precisaban gañar".

Sabit Abdulai viu a quinta amarela ante a Real Sociedade B a pasada xornada, cumprirá un partido de sanción e non viaxará co equipo para medirse co Real Unión esta fin de semana en Irún.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar