Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Seabra e a cérbera Sol Carratú valoran o triunfo do Guardés

Ana Seabra e a cérbera Sol Carratú valoran o triunfo do Guardés

A adestradora e a porteira amosaron satisfacción polo histórico pase ás semifinais da European Cup

G24.gal 19/02/2023 20:36

Traía o Guardés catro goles de diferenza de Madeira, pero tivo que suar moito para conseguir a clasificación para a penúltima rolda da competición europea. Nunha última xogada con posesión lusa, a porteira Carratú salvou o gol que mandaba o partido á prórroga.

Tras o partido, a adestradora Ana Seabra analizaba no Galicia en goles o triunfo nestes cuartos de final. 

"O obxectivo está conseguido. Hoxe foi sufrido, pero o equipo non desiste nunca. O cansazo marcou moito. Tiñamos algunha baixa e sentiuse na rotación da primeira liña. O deporte é así. É un día histórico para este club. Soñar é importante e o imposible non existe".

Pola súa banda a heroína da xogada final, Sol Carratú, valorou esta acción decisiva.

"Sabía que ía lanzar a ese lado esa xogadora porque levaba tempo marcando goles por aí. Eran un grande equipo, con grandes xogadoras, teñen unha porteira moi boa. Neste partido foi decisiva. Soubo marcarlle os tempos. Quedan catro finais e son importantes. Teño tatuada unha frase: Elixo crer".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar