Publicador de contidos
Publicador de contidos

Análises de sangue para a detección precoz da metástase no cancro de mama

Análises de sangue para a detección precoz da metástase no cancro de mama

O glóbulos vermellos das enfermas de cancro de mama avanzado son diferentes aos do resto e o estudo permite así predicir rapidamente a metástase no corpo das pacientes

Trátase dun estudo desenvolto polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

 

G24.gal 05/12/2022 14:15

O avance do cancro de mama podería coñecerse a través dunha análise convencional de sangue. Un estudo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago faría posible esa detección precoz da metástase.  Os resultados dese traballo están actualmente protexidos por unha patente, pero poderían ter unha importante aplicación clínica axudando na detección da metástase, que é a principal causa de morte nos casos de cancro de mama.

A iniciativa, froito da colaboración entre o CHUS e o laboratorio Roche, demostra que os glóbulos vermellos das enfermas de cancro de mama avanzado son diferentes aos do resto e permite así predicir rapidamente a metástase no corpo das pacientes.

Os glóbulos vermellos son as células máis abundantes no sangue. Ademais do seu principal labor como transportadores de osíxeno teñen funcións reguladoras da circulación. O que agora acharon os investigadores do CHUS, como tantos outros descubrimentos, chegou de xeito case accidental. 

O estudo foi realizado a partir de análises de mostras de sangue de pacientes de cancro de mama en diferentes momentos da enfermidade e de doantes sas recollidas no CHUS. Agora mesmo o habitual é detectar a metástase durante a motorización dos pacientes a través de técnicas de imaxe pero sería de vital importancia unha detección máis rápida e sinxela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade