Andalucía levará aos tribunais a reforma fiscal do Goberno
Andalucía levará aos tribunais a reforma fiscal do Goberno
O Goberno andaluz acusa o executivo de invadir as súas competencias
A ministra de Facenda nega que a reforma se esqueza das clases medias
O PP di que as medidas fiscais son confusas, improvisadas e incompletas
Felipe González e Mariano Rajoy reclaman na Toxa un pacto de política fiscal
Andalucía revólvese contra a reforma fiscal do Goberno e prepárase para levala aos tribunais. O presidente andaluz di que o executivo invade as súas competencias.
No Goberno negan a acusación pero recoñecen que se viron sorprendidos pola carreira fiscal das comunidades e non podían aceptalo. Unha idea que comparte Podemos, como recoñeceu, esta mañá en Vilagarcía de Arousa, a vicepresidente Yolanda Díaz.
A outra gran crítica a esta reforma é o trato aos contribuíntes que gañan máis de 21.000 euros. O Goberno nega que queden fóra das axudas. E pon como exemplo que xa se están a beneficiar da rebaixa do IVE do gas e da luz ou do abono ao transporte.
Desde o Partido Popular, o seu presidente non comparte a argumentación. Alberto Núñez Feijóo tilda a reforma de confusa, improvisada e incompleta. Di que penaliza á metade dos contribuíntes e que diminúe a competitividade das empresas. Feijóo acusa a Pedro Sánchez de perseguir aos ricos e advirte que o gran beneficiado por este gravame vai ser Portugal.