Publicador de contidos
Publicador de contidos

Andalucía suspende o plan de ampliación de regadíos en Doñana

Andalucía suspende o plan de ampliación de regadíos en Doñana

A lei queda no aire despois de chegar a un acordo co Ministerio para a Transicion Ecolóxica

G24.gal 04/10/2023 08:00

O goberno andaluz dá marcha atrás e suspende a lei que ampliaba os regadíos en Doñana.

Paralizan o plan despois de reunirse, este martes pola tarde, co Ministerio para a Transición Ecolóxica e chegar a un acordo.

O departamento de Teresa Ribera compromete 350 millóns para a zona que ía pasar de secaño a regadío. E agora os dous gobernos danse un mes de prazo para concretar eses investimentos.

Ribera asegurou que este acordo traslada a Bruxelas a mensaxe de que España cumpre coa lexislación. E agarda que pechen canto antes o procedemento de infracción.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade