O Goberno e a Xunta de Andalucía alcanzan un acordo sobre Doñana

Ambas as dúas partes levaban mes e medio negociando o futuro dos terreos situados ao norte da coroa forestal do parque

 

A lagoa permanente máis grande de Doñana secou no verán de 2022 A lagoa permanente máis grande de Doñana secou no verán de 2022
G24.gal 26/11/2023 18:26 Última actualización 26/11/2023 19:34

O Goberno central e a Xunta de Andalucía alcanzaron, despois de semanas de negociacións, un acordo sobre Doñana que será presentado este luns pola ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e o presidente andaluz, Juanma Moreno.

Ambos os dous dirixentes ofrecerán unha conferencia de prensa conxunta e asinarán o protocolo para o desenvolvemento territorial sostible da área de influencia do Parque Nacional en Almonte (Huelva).

O día 3 de outubro, Moreno e Ribera anunciaban que se adiaba a aprobación da proposición de lei de ordenación dos regadíos situados ao norte da coroa forestal de Doñana, rexistrada no Parlamento andaluz polo PP e por Vox.

A proposición, rexeitada polo Estado, pretendía que os terreos de natureza forestal (situados nos municipios de Almonte, Bonares, Lucena del Puerto, Moguer e Rociana del Condado) pasasen a ser solos agrícolas regables con augas superficiais.

Dende entón, creouse un grupo de traballo que mantivo encontros cos axentes económicos e sociais da comarca para buscar unha solución consensuada e eses terreos, dunhas 700 hectáreas, que quedaron fóra da ordenación en 2014 (no coñecido como Plan do amorodo).

O Goberno xa advertiu que a solución non podía supor un incremento da presión hídrica sobre o parque, en alerta por seca dende hai anos. De feito, a ministra manifestou en varias ocasións o seu obxectivo de atender o compromiso con Bruxelas de "liberar augas para Doñana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade