Andrey Rublev frea a Carlos Alcaraz en Madrid
Andrey Rublev frea a Carlos Alcaraz en Madrid
O murciano caeu en tres sets (4-6, 6-3 e 6-2)
O ruso Andrey Rublev, sétimo favorito, remontou a vantaxe adquirida por Carlos Alcaraz, fíxose co triunfo (4-6, 6-3 e 6-2) e clasificouse para as semifinais do Masters 1.000 de Madrid, do que se despediu o español, campión das dúas últimas edicións.
Alcaraz, que levaba catorce vitorias seguidas no torneo que se disputa na Caixa Máxica, as mesmas que as logradas no seu día por Rafael Nadal, encaixou a súa quinta derrota da tempada e dixo adeus á competición.
Rublev, que pechou o encontro en dúas horas, nunca estivera nas semifinais do Masters 1.000 de Madrid, que disputará ante o gañador do choque entre o estadounidense Taylor Fritz e o arxentino Francisco Cerúndolo.
Establishment: STUNNED 😯
— Tennis TV (@TennisTV) May 1, 2024
A scintillating @AndreyRublev97 ends Alcaraz’ reign in Madrid - taking out the 2022 & 2023 champion in the quarter-finals!#MMOPEN pic.twitter.com/KajBCSR3X6