Ángel Curiel, surfista hemipléxico: “Déixate axudar porque podes conseguilo”
Ángel Curiel, surfista hemipléxico: “Déixate axudar porque podes conseguilo”
Esta fin de semana organizan en Oleiros o primeiro encontro de surf adaptado de Galicia
Curiel, que quedou paralizado por un accidente nunha praia de Sanxexo, é agora subcampión do mundo
Na Zona mixta falaron hoxe de surf, pero de surf adaptado, a modalidade desde deporte dirixida a persoas con algunha discapacidade.
Esta fin de semana celébrase na praia de Bastiagueiro, en Oleiros, o primeiro encontro de surf adaptado de Galicia e vai ser con dous profesores de luxo, os subcampións do mundo Mireia Cabañés e Ángel Luis Curiel, que pasou hoxe polo programa.
A praia, lugar de traxedia, superación e triunfo
Curiel, natural de Valladolid, quedou tetrapléxico despois de sufrir un accidente nunha praia de Sanxenxo hai dez anos e foi despois cando se atreveu a probar o surf. Agora é el o que anima a outros a practicar este deporte, xa que hai moitos xeitos diferentes de facelo.
“Rompín o pescozo e ao primeiro só podía mover ollos e boca. Foi despois de poñerme de pé cando -por casualidade- descubrín o surf, que xa me gustaba, pero nunca probara antes”
“Para min volver á Coruña é moi especial porque despois do accidente a primeira vez que vin o mar foi cando estaba ingresado no hospital Juan Canalejo. Sentáronme nunha cadeira e puiden ver as mariscadoras na ría”
“Temos máis capacidades que discapacidades. Eu vou tombado, só podo remar cun brazo e cunha perna e por iso teño unha persoa que me axuda dende o mar e me lanza coas ondas. Déixate axudar porque se te deixas axudar, coas ganas halo conseguir”