Publicador de contidos
Publicador de contidos

As augas da Coruña acollen o Campionato de España de Surf Open

As augas da Coruña acollen o Campionato de España de Surf Open

Participaron os mellores surfistas do país, entre eles once galegos

G24.gal 20/10/2024 14:43

Na década de 1970 fundouse a primeira asociación de surf galega e celebráronse os primeiros campionatos. Hoxe Galicia conta con máis de setenta escolas e é unha das comunidades con máis deportistas federados. As nosas praias son un destino preferente para os amantes e para os profesionais do surf. Algúns dos mellores participaron no campionato de España Open, celebrado esta fin de sema na en augas coruñesas.

A praia do Matadoiro foi o escenario dos tres días de competición.

"Tiña gañas de vir a esta praia. Ten moita sona e ademais encántame vir competir a Galicia", conta a asturiana Alba González.

"A verdade é que nunca surfeara na Coruña e sorprendeume. Galicia, moi, moi ben", engade Silke Martínez, surfista vasca.

As dúas superaron as semifinais coas que comezou esta última xornada do Campionato Open de España, coa participación dos mellores, dezaseis mulleres e trinta e dous homes, entre eles once galegos, que buscaron subir á mellor onda nunha praia de longa tradición surfeira.

O campionato deixou imaxes espectaculares na baía coruñesa e un paseo marítimo ben animado grazas ás actividades organizadas en paralelo á celebración das probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade