Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conta atrás en Valdoviño para o campionato mundial de surf Pantín Classic

Conta atrás en Valdoviño para o campionato mundial de surf Pantín Classic

G24.gal 25/08/2023 22:00 Última actualización 26/08/2023 09:06

Valdoviño convertese un ano máis, e xa van 36, na capital do surf mundial coa celebración do Pantín Classic.

Calcúlase que unhas 100.000 persoas visitarán este campionato internacional que transcende o deportivo. O seu efecto como dinamizador económico déixase notar en aloxamentos, na hostalería e tamén nos negocios especializados. 

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia nestes momentos aspira a lograr a declaración de Interese Nacional, solicitude respaldada pola mancomunidade de concellos de Ferrolterra.
Serán nove días de probas de surf do máis alto nivel mundial que contarán co atractivo dunha ampla oferta de lecer para todos os públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade