Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gastronomía, natureza e deporte conforman a oferta de lecer do Pantín Classic

Gastronomía, natureza e deporte conforman a oferta de lecer do Pantín Classic

Confían en superar as 97.000 persoas da edición pasada

G24.gal 28/08/2024 21:12 Última actualización 28/08/2024 22:20

No Pantin Classic a actividade non cesa. Nin a chuvia é quen de detela. Máis aló do campionato deportivo, é todo un evento de experiencias ao redor do surf e do mar. As alternativas son variadas; deporte, natureza, gastronomía.

Cada ano o campionato internacional de surf revoluciona a parroquia de Pantín e a súa contorna. Son nove días nos que a economía local se reactiva na hostalería, a restauración e en negocios como as escolas de surf que funcionan durante todo o ano na praia de Pantín.

O Pantín Classic é unha oportunidade para aprender surf, pero tamén para practicar skate ou simplemente ir de compras ou de terrazas. Iso si, sempre coa oportunidade de gozar da competición e da natureza nun enclave único.

O Pantin Classic conta tamén cun espazo de conciliación con actividades para os máis pequenos. Todo para desfrutar en familia dun evento que vai camiño de bater marca de asistencia. Confían en superar as 97.000 persoas da edición pasada. O domingo sairemos de dúbidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos